HORARIOS ESTIMADOS DO TREN DOS REIS CONCELLO DE MESIA 2021

Ven, 01/01/2021
TREN DOS REIS CONCELLO DE MESIA 2021

O percorrido para ver os Reis Magos o 4 de xaneiro comezará as 11:00 en Lanzá e rematará as 18:00 en Hospital de Bruma tras percorrer todo o concello. Adxuntamos imaxe co horario de paso estimado por cada parada.

Agradecemos a responsabilidade para cumprir ca NORMATIVA NAS PARADAS:

  1. MÁSCARA obrigatoria.
  2. Manter o DISTANCIAMENTO de 2 metros.
  3. Facer unha FILA para achegarse a zona dos Reis.
  4. Procurar que @s nen@s PEQUEN@S vaian DIANTE na fila.

Informamos que hai sobre 180 nen@s inscrit@s repartid@s nas 12 paradas, que sumándolle familiares serán máis de 300; polo que o cumprimento da normativa será imprescindible para facer o evento #CONsentidiño e #Seguridade.