HOXE TIVO LUGAR UN CURSO DE MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS

Sáb, 10/10/2015
Curso manipulación alimentos

Hoxe, sábado 10 de outubro, tivo lugar na Casa da Cultura de Mesía, en Xanceda, un curso para a obtención do carné de manipulación de alimentos. A actividade desenvolveuse en horario de mañá, entre as 10:30 horas e as 13:30 horas, e contou coa participación dun total de 21 persoas.