III ANDAINA POPULAR E CARREIRAS DE MENORES: O DOMINGO 29 DE XUÑO EN BOADO

Sáb, 14/06/2025
ANDAINA POPULAR - CONCELLO DE MESIA 2025

Imos ca  TERCEIRA  edición da ANDAINA POPULAR  que xurdiu para dar máis resposta á veciñanza deportista do Concello de Mesía, tomando así o relevo da Carreira Popular. Tamén queremos fomentar o descubremento das parroquias do Concello e as súas riquezas paisaxística e social.

PARA INSCIBIRSE ATA O DÍA 25 DE XUÑO , haberá que cubrir o Formulario Clicando aquí. (Tamén no teléfono 609353115, aportando toda a información.)  https://forms.gle/NCxwA2A7BSQtkYkw6

AO CUBRIR E ENVIAR, QUEDAREDES AUTOMÁTICAMENTE INSCRITOS/AS DE FORMA INDIVIDUAL: RECIBIREDES UN MAIL PARA COMPROBAR QUE OS DATOS ENVIADOS SON OS CORRECTOS.

A idea é facer unha andaina adaptada a todas as idades e niveis deportivos. Comezaremos cunha Andaina sinxela de 6 kms e outra simultanea de nenos/as as 11:00h por Boado. Tras a súa chegada faremos as Carreiras de menores cun Circuito de axilidade, onde as crianzas recibirán unha medalla por esforzarse en correr nesta mañan de domingo a beira do Local social de Boado, onde axudará a veciñanza, colaboradors desta 3ª edición.

Acudiremos a Praza de Boado onde estará localizada a Mesa da organización para recollida de dorsais, a sáida e chegada da Andaina, a zona Circuito infantil, a zona de refrixerio, e para quen desexe quedarse...uns pinchos ao rematar.

INFORMACIÓN DO DÍA 29 DE XUÑO DE 2025:

Andaina e circuito infantil GRATUITOS

10:30 horas_ Quedada para dorsais PRAZA DE BOADO.
11:00 horas_ Saída da Andaina popular de 6 kms e  de 2.5 kms para nenos/as.

13:00 horas_ Circuito de  CARREIRAS para varias categorías menores. (De 0 a 12 anos).

13:30 horas_ Entrega medallas e agasallos participantes.

Remataremos con pinchos de confraternización da xente deportista participante.

ANDAINA POPULAR:  6 KMS e ANDAINA DE PEQUES:  2.5 KMS.

- Non haberá premios nin diferenciacións con categorias.

- Os nenos/as deberán ir acompañados na súa carreira de un adulto para poder participar.

- Pódense levar sillas, carritos de bebé ou nenos con bicis.

- Agasallo por participar.

CIRCUITO CARREIRAS DE BASE:

Pitufos-as:  anos de nacemento de 2025 a 2020: 1 VOLTA AO CIRCUITO.     

Benxamíns: de 2019 a 2013. 3 VOLTAS AO CIRCUITO.

Recibirán unha medalla por participar.

Agardamosvos nesta festa deportiva en Boado!