IMOS Á PRAIA 2016: COMEZA O PRAZO DE INSCRICIÓNS

Mér, 25/05/2016
PRAIA BOIRO

Dende o concello propoñémosvos ir á praia novamente, mantendo as saídas nos  meses de xullo e agosto 2016.

Para isto, elixiremos praias onde sexa posible desfrutar de augas tranquilas, sol e tamén de amplas zonas de sombra e descanso.

ATENCIÓN: Faráse un único percorrido con un bus, estando o número de prazas limitado a 55 persoas. Ademáis será preciso chamar cada semana para anotarse (no caso de anotarse para todo o mes haberá que aboar o diñeiro por anticipado).  O prezo para cada día será de 5 € (4 € para os menores de 12 anos).

Días: xoves 7, 14, 21 e 28 de xullo; e 4, 11, 18 e 25 de agosto.

Hora e lugar de saída: O bus comeza o recorrido ás 10:00; e fará as seguintes paradas: Lanzá, Cumbraos, Xanceda, Mesía, Visantoña, Olas. A volta cara a Mesía será ás 19:30.

Nota: os asistentes que sexan menores de idade deberán presentar unha autorización asinada polos pais. Os menores de 14 anos terán que ir acompañados dun adulto.

Para anotarse poden dirixirse aos Servizos Sociais do Concello (máis información no teléfono 981 68 72 38).

ORGANIZA: CONCELLO DE MESIA