IMOS A PRAIA 2019

Mar, 18/06/2019
PRAIA DE BOIRO

Dende o concello propoñémosvos ir á praia novamente, mantendo as saídas os xoves, nos  meses de xullo e agosto.

Para isto, elixiremos praias onde sexa posible desfrutar de augas tranquilas, sol e tamén de amplas zonas de sombra e descanso.

ATENCIÓN: Faráse un único percorrido con un bus, estando o número de prazas limitado a 55 persoas. Ademáis será preciso chamar cada semana para anotarse (no caso de anotarse para todo o mes haberá que aboar o diñeiro por anticipado).  O prezo para cada día será de 5 € (4 € para os menores de 12 anos).

Días: xoves 27 de xuño;4, 11 e 18 de xullo; e 1, 8, 22 e 29 de agosto.

Hora e lugar de saída: O bus comeza o recorrido ás 9:45; e fará as seguintes paradas: Lanzá, Cumbraos, Xanceda, Mesía, Visantoña, Olas. A volta cara a Mesía será ás 19:30.

Nota: os asistentes que sexan menores de idade deberán presentar unha autorización asinada polos pais. Os menores de 14 anos terán que ir acompañados dun adulto.

Para anotarse poden dirixirse aos Servizos Sociais do Concello a partir do 10 de xuño  (máis información no teléfono 981 68 72 38).