INFORMACIÓN PÚBLICA DA APROBACIÓN INICIAL DO INSTRUMENTO DE ORDENACIÓN PROVISIONAL NO LUGAR DO CAMPO-MESÍA

Xov, 03/10/2019

Anuncio de información pública da aprobación inicial do Instrumento de Ordenación Provisional no lugar de O Campo.

O Pleno do concello de Mesía, en sesión celebrada en data 9/9/2019, acordou aprobar inicialmente o “Instrumento de Ordenación Provisional no lugar de O Campo”, de conformidade co artigo 93 da Lei 2/2017, de 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, así como sometelo a información pública polo prazo de vinte días, publicando os correspondentes anuncios no Diario Oficial de Galicia e no diario La Voz de Galicia.

O prazo de información pública comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e durante o mesmo todas as persoas interesadas poderán consultar o documento nas oficinas municipais así como presentar as alegacións que estimen oportunas.

O documento tamén poderá consultarse na páxina web do concello no seguinte enlace: http://www.concellodemesia.gal/concello/urbanismo/pxom2

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial do instrumento de ordenación provisional no lugar do Campo. DOG Núm 188 do xoves 3 de outubro 2019, pax 43813