Información Pública Proxecto de Explotación Concesión de Frades fracción 2ª segregación 1ª nº 6705.2.1

Ven, 17/11/2017
Edito Exposición Pública

No taboleiro de anuncios do Concello de Mesía, está exposto ao Público, ata o 12.12.2017, o edicto da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia,  polo que publica a Resolución do 6 de novembro de 2017 pola que somete a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental, o documento de síntese e o estudo de integración paisaxística da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Frades fracción 2ª segregación 1ª, núm. 6705.2.1, situado na parroquia de Lanzá do concello de Mesía, promovido pola sociedade Cerámica Verea.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo dito proxecto poderán examinar o expediente nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da xefatura territorial da coruña e no portal da consellería de economía, emprego e industria:

http://ceei.xunta.gal/expediente-explotacions-mineiras

E formular as súas alegacións por escrito ante o dito órgano adminstrativo, con enderezo no Edificio Administrativo Monelos, Rúa Vicente Ferrer 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4. da lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Mesía, 17 de novembro de 2017.