INICIO CURSO DE PREPARACIÓN EXAMES ESO E CONVOCATORIA EXAMES ANO 2018

Mér, 24/01/2018
CURSO EXAMES ESO MESIA 2018

O Concello de Mesía organiza, en colaboración co Concello de Frades, un curso preparatorio para a obtención do título de graduado en educación secundaria (ESO) dirixido a todas as persoas adultas maiores de 18 anos e que comezará a impartirse o 5 de febreiro do actual.

O curso  terá lugar os luns, os martes e os mércores, de 20.30 a 22.00 horas, no local social de Papucín (Frades), sito ao lado da Igrexa desta parroquia.

O prezo será de 25 €/mes no caso de preparar todos os ámbitos.

Infórmase tamén que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia publicou, no DOG núm. 16 do 23.01.2018, a convocatoria ás probas para a obtención do dito título que serán nos meses de maio e setembro. Os prazos de matrícula serán:

- Convocatoria de maio: do 12 ao 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.

- Convocatoria de setembro: do 2 ao 9 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos.

Máis información aquí e no panel servizos.