INSCRICIÓNS A SAIDAS DE XUVENTUDE: KAIAK, PRAIA E CINEXOVE
Dom, 21/06/2026
Chega o verán e desde o Concello de Mesía preparamos unha programación cargada de movemento, deporte e lecer para a rapazada (e non tan rapazada!). Xa comezamos esta finde co curso de Pickelball co cal estreamos a nova MULTIPISTA MATA-XANCEDA, que suma tamén deportes coma o minifutbito e o basquet 3x3. Novo lugar de encontro para a mocidade e rapazada!!
Agora abrimos as inscricións para dúas grandes citas que non te podes perder: unha saída de aventura en kaiak e praia, e unha viaxe de cine ao Marineda City.
As prazas son limitadas e asignaranse por estricta orde de chegada a través dos formularios en liña. ¡Consulta toda a información e reserva a túa praza!
Saída de Xuventude: Kaiak e Padel Surf
Se tes ganas de auga, praia e adrenalina, este é o teu plan. Pasaremos unha mañá espectacular practicando kaiak e padel surf na praia de Santa Cristina e unha tarde de visitas.
Data: 9 de xullo de 2026.
Horario: Saída ás 9:00 h e regreso ás 20:00 h (Viaxe en bus incluído).
Unha xornada pensada para gozar cos amigos no Centro Comercial Marineda City (A Coruña). Podes elixir entre ver unha das estreas da carteleira ou pasar a tarde de tendas polo centro.
Data: 12 de agosto de 2026.
Horario: Saída ás 12:00 h e regreso arredor das 20:00 h.
Prezo: O autobús é de balde (subvencionado integramente polo Concello).
Idade: A partir de 12 anos.
Entradas e Xantar: O xantar corre pola conta de cada un. Os que queiran ir ao cine (sesión das 16:00 / 16:30 h aprox.) deberán mercar a súa propia entrada. Recoméndase levar o Carnet Xove para obter descontos na taquilla.
Para calquera dúbida ou información dirección podes poñerte en contacto co Concello. Lembra que os formularios das Saídas non admitirán respostas ata o día 22 de xuño (9:00h).
¡Prepara o teu dispositivo e non te quedes sen a túa praza!

Prezo: 30 € (Prazas limitadas: máx. 25 / mín. 15 persoas).
Logística: O xantar farase na zona da Praia de Bastiagueiro. Cada participante deberá traer a súa comida de campo ou cartos para mercala aló.
Requisito imprescindible: Saber nadar correctamente. Os menores de idade precisarán autorización dalghún proxenitor no formulario.
[PREME AQUÍ PARA INSCRIBIRTE NO KAIAK E PADEL SURF] (Ligazón aberta a partir do 22 de xuño ata o 6 de xullo)
Saída Cine Xove (Marineda City)
Unha xornada pensada para gozar cos amigos no Centro Comercial Marineda City (A Coruña). Podes elixir entre ver unha das estreas da carteleira ou pasar a tarde de tendas polo centro.
Data: 12 de agosto de 2026.
Horario: Saída ás 12:00 h e regreso arredor das 20:00 h.
Prezo: O autobús é de balde (subvencionado integramente polo Concello).
Idade: A partir de 12 anos.
Entradas e Xantar: O xantar corre pola conta de cada un. Os que queiran ir ao cine (sesión das 16:00 / 16:30 h aprox.) deberán mercar a súa propia entrada. Recoméndase levar o Carnet Xove para obter descontos na taquilla.
[PREME AQUÍ PARA INSCRIBIRTE NO CINE XOVE] (Ligazón aberta a partir do 22 de xuño ata o 7 agosto)
Información xeral sobre as inscricións: