Noticias

Mér, 24/07/2019
GALEUROPA 2019
Lun, 22/07/2019
TORNEO IP 2019

Torneo celebrado o 21 de xullo de 2019 no Campo fútbol municipal As Brañas (Visantoña).

Participación de máis de 80 deportistas en 6 equipos.

En categoría MAXI F8 venceu a parroquia de MESÍA ao ALBIXAN.

En categoría SENIOR F11 a clasificación por parroquias foi: 1ª XANCUMBRAOS, 2ª MESIA, 3ª OLAS e 4ª VISANTOÑA

Imaxes na galería de fotos do Facebook Deporte Concello Mesia

Xov, 18/07/2019
CADRO IP 2019 SENIIORS

O TORNEO INTERPARROQUIAL DE FÚTBOL CONCELLO DE MESÍA 2019 contará con seis equipos participantes de diversas parroquias.

No cadro de competición vemos que o domingo as 12:00 mediranse os Maxi (13-16 anos); nunha final directa Albixán contra Mesía.

Tamén o domingo, pero a partir das 17:00 será o turno dos Senior, co Olas, Visantoña, Xancumbraos e Mesía. Mediranse todos contra todos.

 

Lembramos que as categorías van en función de Temporada deportiva na que xogaron esta tempada (non por data de nacemento).

A divertirse!

Lun, 08/07/2019
CARTEL TORNEO IP 2019

Presentamos o Torneo de fútbol interparroquial 2019 que se xogará no Campo municipal de Visantoña os días 20 e 21 de xullo.

INSCRICIÓN XA AMPLIADA ATA O 16 DE XULLO POR EMAIL DOS EQUIPOS por parroquias.  Enviando o "Cadro de inscrición" a elenarocamoro@concellodemesia.gal

Sorteo do cadro de competición o 17 de xullo no Concello. Publicación do cadro de competición na páxina web e no facebook. DEPORTE CONCELLO MESÍA o 18 de xullo.

 

HORARIOS ESTIMADOS do sábado 20 de xullo:

Xov, 27/06/2019
FESTA DA ESPUMA

Dado que non tivemos ningún día de sol e a expectativa de mal tempo é a mesma, temos que aplazar novamente a Festa da auga ata que vexamos que faga bo tempo.

Avisaremos por este medio e por redes sciais da nova data.

Desculpade as molestias.

Xov, 20/06/2019
CARTEL CARREIRA POPULAR 2019

Aberto o prazo de inscricións para as Carreiras populares Concello de Mesía 2019 ata o 1 de agosto.

Entrar en LER MÁIS para cubrir o Formulario de inscrición. Lembramos que non se admitirán inscricións o día da Proba.

Xov, 20/06/2019
CURSO PARA MOCIDADE

É un proxecto integrado  que combina formación en aula e coñecemento do medio natural con itinerarios de campo facendo para iso un uso intensivo de novas TICS.

REQUISITOS Ter entre 14 e 30 anos.

PARTICIP.  10 alumnos/as

IMPARTE Universidades Santiago de Compostela

DATA Comeza o 22 de xullo de 2019

Nº DE HORAS  50 horas

HORARIO 5 horas ao día. Horario por determinar.

INSTALACIÓN Casa da Cultura de Xanceda.

INSCRICIÓN Ata o 15 de xullo no Concello de Mesía departamento de Xuventude. Prazas limitadas por orde de inscrición.

Mér, 19/06/2019

Aplazamos a Festa da auga para o sábado 29 de xuño por mor do mal tempo destes primeiros días de apertura das piscinas.

As piscinas de Mata Xanceda abrirán do 21 de xuño ao 1 de setembro no seu horario habitual.

Mar, 18/06/2019
PRAIA DE BOIRO

Dende o concello propoñémosvos ir á praia novamente, mantendo as saídas os xoves 27 de xuño; 4, 11 e 18 de xullo; e 1, 8, 22 e 29 de agosto.

Para anotarse poden dirixirse aos Servizos Sociais do Concello a partir do 10 de xuño  (máis información no teléfono 981 68 72 38).

Lun, 17/06/2019
Campions Copa Coruña Xuvenís VISANTOÑA CF 2019

Dende o Concello de Mesía queremos felicitar ao VISANTOÑA CF polos títulos acadados nesta recta final da tempada, así coma polo esforzo na promoción do fútbol en todas as categorías.

Noraboa polo título de COPA DA CORUÑA XUVENIL e polo ASCENSO A PRIMEIRA CADETE!

Páxinas