LISTA PROVISIONAL PROCESO SELECTIVO MESTRE N1 OBRADOIRO ORDES FRADES MESIA V

Lun, 17/04/2023

O Concello de Mesía publica as puntuacións provisionais obtidas polos/as participantes do proceso de selección de mestre substituto da especialidade "Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes " do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo V.

A partir de hoxe, data de publicación, hai un prazo dun día hábil para a presentación de reclamacións. As ditas reclamacións deben presentarse no Rexistro xeral do Concello de Ordes e dirixidas ao Grupo de Traballo Municipal do dito obradoiro. De non existeren reclamacións a lista provisional elevaríase a definitiva.

Poden consultar as puntuacións no documento adxunto relacionado abaixo.