LISTAS DEFINITIVAS ADMITIDOS-EXCLUIDOS E DE AGARDA E APERTURA PRAZO MATRICULA PRAZAS PAI CURSO 2024/2025

Xov, 04/07/2024

O Concello de Mesía no día de hoxe, 04/07/20204, publica, na páxina web e no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal así como no taboleiro do PAI Os Camiños, as listas definitivas de admitidos/as-excluídos e de agarda das prazas do Punto de Atención á Infancia Municipal "Os Camiños" para o curso 2024-2025.

Ábrese un prazo dende o día 8 ata o 19 de xullo do actual, ambos os dous inclusives, para a aceptación da praza e realización da matrícula para o curso 2024/2025 no Rexistro xeral do concello.

A documentación á presentar para a matrícula é a seguinte:
a) Aceptación da praza (Anexo III).
b) Certificado médico do/a neno/a.
c) Carné de vacinacións actualizado ou das páxinas da cartilla sanitaria infantil onde haxa anotacións.
d) Fotocopia da tarxeta sanitaria.
e) Catro fotografías tamaño carné.
f) Certificado conta bancaria para domiciliación.
g) Fotocopia da última declaración da renda, de todos os membros da unidade familiar, ou, no seu defecto, certificado emitido pola Delegación de Facenda que avale a súa non presentación.
h) No caso de separación matrimonial ou ruptura da parella de feito con fillos/as: sentenza de separación/divorcio ou sentenza sobre medidas paterno-filiais.

A non presentación da documentación en prazo entenderase como renuncia á praza.

Poden consultar as listas no documento abaixo adxunto.

Máis información chamando ao concello ao 981687001