LISTAS DEFINITIVAS ADMITIDOS/AS-EXCLUIDOS/AS E DE AGARDA PRAZAS PAI CURSO 2021-2022

Ven, 02/07/2021


O Concello de Mesía no día de hoxe, 02.07.2021, publica na páxina web e no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal o Decreto de Alcaldía polo que se aproban as listas definitivas de admitidos/as-excluídos e de agarda das prazas do Punto de Atención á Infancia Municipal "Os Camiños" para o curso 2021-2022. Poden consultarse as ditas listas no documento adxunto.

A matrícula farase do 5 ao 16 de xullo do actual, ambos os dous incluídos, debendo presentarse no Rexistro Xeral do Concello a seguinte documentación establecida no artigo 8.3. do Regulamento de réxime interno do Punto de atención á infancia “Os Camiños” xunto coa aceptación da praza (Anexo III):


a) Certificado médico do/a neno/a.
b) Carné de vacinacións actualizado ou das páxinas da cartilla sanitaria infantil onde haxa anotacións.
c) Fotocopia da tarxeta sanitaria.
d) Catro fotografías tamaño carné.
e) Certificado conta bancaria para domiciliación.
f) Fotocopia da última declaración da renda, de todos os membros da unidade familiar, ou, no seu defecto, certificado emitido pola Delegación de Facenda que avale a súa non presentación.
g) No caso de separación matrimonial ou ruptura da parella de feito con fillos/as: sentenza de separación/divorcio ou sentenza sobre medidas paterno-filiais.

A non presentación da dita documentación en prazo entenderase como renuncia á praza.

Calquera dúbida poden chamar ao concello ao 981687001.