LISTAS DEFINITIVAS PRAZAS PAI CURSO 2026-2027 E APERTURA PRAZO MATRICULA

Xov, 02/07/2026

O Concello de Mesía publica as listas definitivas de admitidos/as-excluídos/as e de agarda das prazas do Punto de Atención á Infancia "Os Camiños" para o curso 2026-2027.

A matrícula farase do 6 ao 17 de xullo do actual, debendo presentarse no Rexistro Xeral do Concello a seguinte documentación, establecida no artigo 8.3. do Regulamento de réxime interno do Punto de atención á infancia “Os Camiños”, xunto coa aceptación da praza (Anexo III):

a) Certificado médico do/a neno/a.

b) Carné de vacinacións actualizado ou das páxinas da cartilla sanitaria infantil onde haxa anotacións.

c) Fotocopia da tarxeta sanitaria.

d) Catro fotografías tamaño carné.

e) Certificado conta bancaria para domiciliación.

f) Fotocopia da última declaración da renda, de todos os membros da unidade familiar, ou, no seu defecto, certificado emitido pola Delegación de Facenda que avale a súa non presentación.

g) No caso de separación matrimonial ou ruptura da parella de feito con fillos/as: sentenza de separación/divorcio ou sentenza sobre medidas paterno-filiais.

A non presentación da documentación en prazo entenderase como renuncia á praza.

Máis información no documento abaixo adxunto ou chamando ao concello o 981687001 ou preguntando no PAI.