LISTAS PROVISIONAIS ADMITIDOS-EXCLUIDOS E DE AGARDA PRAZAS PAI CURSO 2024-2025

Mér, 19/06/2024

O Concello de Mesía no día de hoxe, 19/06/2024, publica, na páxina web e no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal así como no taboleiro do PAI Os Camiños, as listas provisionais de admitidos/as-excluídos e de agarda das prazas do Punto de Atención á Infancia Municipal "Os Camiños" para o curso 2024-2025

Ábrese un prazo de dez días hábiles (ata o 03/07/2024) a efectos de que os/as interesados/as fagan as alegacións ou presenten os documentos e xustificantes que estimen oprotunos no Rexistro xeral do concello.

Unha vez rematado este prazo publicaranse as listas definitivas de admitidos/as-excluídos/as e de agarda e abrirase un prazo para a presentación da matrícula e aceptación da praza.

Poden consultar o listado no arquivo abaixo adxunto.

Máis información chamando ao concello ao 981687001.