LISTAS PROVISIONAIS ADMITIDOS/AS-EXCLUIDOS/AS E DE AGARDA PRAZAS PAI CURSO 2021-2022

Xov, 17/06/2021


O Concello de Mesía no día de hoxe, 17.06.2021, publica na páxina web e no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal o Decreto de Alcaldía polo que se aproban as listas provisionais de admitidos/as-excluídos e de agarda das prazas do Punto de Atención á Infancia Municipal "Os Camiños" para o curso 2021-2022. Poden consultarse as ditas listas no documento adxunto.

Ábrese un prazo de 10 días hábiles, dende o 18 de xuño ata o 1 de xullo do actual, ambos inclusive, a efectos de que os/as interesados/as fagan as alegacións ou presenten os documentos e xustificantes que estimen pertinentes.