MÁIS DE CEN PERSOAS NA SAÍDA MUNICIPAL A XUVENLUGO

Lun, 22/12/2014

O Salón de Ocio Infantil e Xuvenil Xuvenlugo 2014 recibiu hoxe a visita de Mesía. Máis de 100 persoas -entre nenos e nenas,  pais e nais e outras persoas acompañantes- participaron na saída organizada polo Concello.

Durante toda a tarde, os asistentes a esta viaxe tiveron ocasión de divertirse con atraccións de todo tipo. Para os máis pequenos, de ata tres anos, estaba habilitado un espazo propio. Ademais das propostas xerais do Xuvenlugo incluídas na actividade, puideron acudir a outras de pago como o minigolf, os karts ou a piscina de barquiñas.

 

Galería de imaxes: