MÁIS DE 300 PERSOAS DESFRUTARON DA FESTA DE ENTROIDO DO CONCELLO DE MESÍA, CON CHOCOLATADA, AGASALLOS, DESFILE E INFLABLES

Lun, 12/02/2018
ENTROIDO CONCELLO DE MESÍA 2018

Máis de 300 entroideirxs desfrutaron da Festa de Entroido 2018 do Concello de Mesía o 10 de febreiro.

Os nenos e maiores, que se achegaron ao Pavillón de Visantoña, viviron unha divertida tarde con obradoiros, inflables, desfile de disfraces, agasallos e gran merenda con chocolate e rosca.

A festa comezou as 16:30 e ofreceu actividades, para todas as idades, coma Ludoteca para peques e catro elementos inflables para os nenos e nenas: tobogán xigante, pista de carreiras, toro mecánico e selva.

Tamén tiveron obradoiros de Play Mais e pulseras, nos que participaron nenos e nenas de todas as idades.

O desfile de entroido comezou ás 17:45 horas. Todos os nenos e nenas que acudiron disfrazados recibiron un obsequio.

Para merendar o Concello ofreceu rosca e chocolate quentiño para todas as persoas que se achegaron á festa.

Poden ver máis imaxes no Álbum do Facebook Deportes Concello de Mesia.

Bo Entroido!

Galería de imaxes: 
ENTROIDO CONCELLO DE MESÍA 2018
ENTROIDO CONCELLO DE MESÍA 2018
ENTROIDO CONCELLO DE MESÍA 2018
ACTIVIDADES MUNICIPAIS NO ENTROIDO CONCELLO DE MESÍA 2018