A MANCOMUNIDADE DE ORDES PON EN MARCHA DOUS NOVOS CURSOS EN LIÑA SOBRE COOPERATIVISMO

Lun, 18/09/2017
CURSO EN LIÑA COOPERATIVISMO MANCOMINIDADE ORDES

A Oficina de Fomento ao Cooperativismo pon en coñecemento a próxima posta en marcha dos cursos en liña de Emprendemento cooperativo e Xestión de cooperativas.

Os cursos serán de balde e o prazo de inscrición permanecerá aberto durante todo o mes de setembro.
Están dirixidos a persoas desempregadas, emprendedoras e a traballadores e persoal relacionados co eido laboral.

Para inscribirse en ambos os cursos disponse de todo o mes de setembro, establecéndose un número máximo de 30 alumnos e alumnas por cada un deles. Débese facer a través do correo electrónico formacion@mancomunidadeordes.org, da plataforma htpp://formacion.mancomunidadeordes.org., ou ben chamando ao 674460662 de luns a venres de 10 a 14 horas. Para calquera consulta tamén se pode chamar ao 981680002 (Manuel Pena).

Esta iniciativa desenvólvena conxuntamente a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, Rede Eusumo e a Xunta de Galicia.

Máis información clicando no CURSO GRATUITO EN LIÑA SOBRE COOPERATIVISMO