A MANCOMUNIDADE DE ORDES PROMOVE A IGUALDADE DE XÉNERO ENTRE A INFANCIA DE MESÍA CON 'CONTIÑOS PARA COMPARTIR'

Mér, 06/08/2014

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes desenvolveu hoxe na Casa da Cultura de Mesía a súa actividade 'Contiños para compartir', co propósito de promover o respecto pola igualdade de xénero entre a infancia. A esta sesión de contacontos acudiron os 24 nenos e nenas de entre catro e dez anos que están participando esta semana no programa municipal de conciliación 'Respira Mesía'. A actividade adaptouse ás distintas idades dos nenos e nenas, ao distribuílos en dous grupos. Primeiro acudiron os pequenos e despois os maiores. Estas sesións de contacontos estase desenvolvendo nos distintos concellos da comarca ordense. Ademais de traballar no valor de igualdade de xénero, tamén incide no impulso ao hábito de lectura.