MANTENSE ABERTA A INSCRICIÓN PARA A DOBLE XORNADA MUNICIPAL DE MULTIAVENTURA DO 28 E O 29 DE AGOSTO

Mar, 19/08/2014

O Concello de Mesía mantén aberta a inscrición para a doble xornada de multiaventura que forma parte da súa programación de actividades de verán e que está prevista para o xoves 28 e o venres 29 de agosto. Poden participar persoas maiores de doce anos.

Existe en primeiro lugar a opción de participar nos dous días, na chamada 'Saída de Multiaventura Maxi'. Neste caso, o programa comeza cunha viaxe en tren desde Curtis ata Oleiros. As actividades do xoves desenvolveranse na contorna do albergue de Santa Cruz, que se utilizará para aloxamento e manutención. As actividades que se realizarán son canoa, bici BTT ou unha xincana nocturna. Xa o venres, un autobús desprazará os participantes ata á Coruña, coa xeira da mañá dedicada ao paintball e a tarde a unha sesión de cine no centro comercial. Esta opción ten un prezo de 50 euros.

A segunda opción, a chamada 'Saída de Multiaventura Mini', está conformada unicamente polas actividades do venres. Neste caso, os participantes sairían en autobús desde Mesía para unirse aos que xa comecen o día anterior. O prezo é de 15 euros.

O Concello de Mesía informa de que todas as actividades estarán debidamente organizadas e controladas por monitores especializados, que garanten o óptimo aproveitamento do tempo nas actividades e o mantemento das máximas condicións de seguridade para os participantes.