MANUEL OLIVER PÉREZ Y MARIELA MAYO GAÑAN A VII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MESIA 2017 RONDANDO OS 250 PARTICIPANTES

Dom, 06/08/2017
VII POPULAR CONCELLO DE MESIA

A Carreira 2017, celebrada entre Visantona e Olas o 5 de agosto, xuntou a 241 corredores e corredoras de diversas categorías en seis carreiras. Participaron 117 na Carreira de 12 quilómetros, 64 na Minicarreira 6K, e 60 nas de base.

Ao longo do percorrido e na meta puidemos ver a máis de trescentas persoas animando no paso da carreira. Os gañadores da proba foron Manute e Mariela.

O Concello agradece a axuda e ánimos de veciños da zona, aos/as deportistas, así coma a voluntarios e colaboradores para que a carreira fose de novo un éxito. Os colaboradores foron: Carpintería Ramón García, Coca Cola, Correr en Galicia, Club de atletismo de Ordes, Cerámica Verea, Argal, Panadería Visantoña, Panadería Boga, Froitería A Nova, Panadería Gende, Casa Zapateiro, Panadería A Tilleira, Restaurante Manteiga, Panadería Abellá, Cerámica Campo, Cooperativa de Frades, Pinturas Tocho Betanzos, Restaurante Canaima, Eurofrut, Progando, Atlética a Silva, Panadería Pedro Fernández de Herves, Artesáns de Ordes, Abanca, Eroski, Asociación Provincial de Protección Civil, Veciños de Olas, Visantoña e Mesía, e ao Grupo Presedo Garaboa.

Poderán ver xa as imaxes no álbum do Facebook Deporte Concello Mesía, aquí quedan tamén as clasificacións publicadas.

Galería de imaxes: 
VII POPULAR CONCELLO DE MESIA 12 K (1)
VII POPULAR CONCELLO DE MESIA 12 K (2)
VII POPULAR CONCELLO DE MESIA 12 K (3)
BASE VII POPULAR CONCELLO DE MESIA
VII POPULAR CONCELLO DE MESIA 6K