MATEO FERNÁNDEZ PROCLÁMASE CAMPIÓN DO VIII TORNEO DE TENIS CONCELLO DE MESÍA FRONTE A MANUEL A. GONTÁN
Sáb, 30/08/2014
Mateo Fernández proclamouse campión do VIII Torneo de Tenis Concello de Mesía, na final que disputou hoxe fronte a Manuel A. Gontán. O resultado do encontro foi de 6-3 e 6-1. Gontán xa fora finalista no torneo do ano pasado, no que tamén se proclamara subcampión. O gañador accedeu á final despois de vencer na súa semifinal a José A. Gendra. O subcampión disputara a outra semifinal con Iago Couto. A competición desenvolveuse durante o mes de agosto nas pistas de tenis do complexo deportivo municipal da Mata, en Xanceda. O concelleiro de Deportes de Mesía, Iván Méndez, presidiu a entrega de trofeos tras a final. O Concello felicita a todos os participantes pola deportividade amosada e agradece a colaboración de todos eles, así como de Coca-Cola como patrocinador dos eventos deportivos de Mesía.