MERCAMESIA 2020: HOXE REMATAMOS A 1ª FASE DA CAMPAÑA #MERCAMESIA

Mér, 06/01/2021
CAMPAÑA MERCA MESIA - Concello de Mesia

Hoxe rematamos a Fase 1ª da campaña MERCAMESIA 2020 na que se depositaron os boletos por cada 10 € de gasto realizado nos establecementos Mesía. #MERCAMESIA

As furnas cos boletos recolleranse, como está marcado nas Bases, o día 7 de xaneiro de 2021.

O venres 8 realizaremos a Fase 2ª da campaña, co Sorteo público no Concello, conforme ao previsto na base 5. "O SORTEO:  A extracción dos boletos gañadores realizarase mediante sorteo público o día 8 de xaneiro de 2021, na hora e ante unha comisión que se designará con anterioridade e publicarase na páxina web municipal, http://www.concellodemesia.gal/ , levantándose a correspondente acta. O sorteo comezará co depósito dos boletos participantes para proceder á súa posterior mestura. A continuación extraeranse ao azar..."