MESÍA REFRÉSCASE E DIVÍRTESE NA FESTA DA AUGA 2014
Sáb, 23/08/2014
A Festa da Auga e da Escuma do Concello de Mesía captou hoxe a atención de numerosas persoas, do municipio e de fóra e de todas as idades, que se achegaron ata o complexo deportivo municipal da Mata, en Xanceda, para divertirse coas distintas atraccións preparadas para a ocasión. Un dos principais reclamos foi a xincana de xogos acuáticos que se desenvolveu no campo contiguo á piscina. Foron unha serie de probas que se sucederon ata non deixar seco a ningún dos competidores, incentivados pola propia dinámica do xogo e tamén polas boas temperaturas que acompañaron a xornada, con sol e algo máis de 20 graos de temperatura. Á vez, a piscina contou con dous elementos inchables, tamén propicios para o xogo e a molladura refrescante. Un tiña forma de clásico tobogán con rampla de acceso e o outro presentaba unha estrutura piramidal que retaba a escalar por el antes de tirarse de novo á auga. Para culminar a xornada, xa en superficie firme, comezou a traballar a lanzadeira de escuma que envolveu todos os participantes nunha espesa nube branca. Pequenos e maiores pasárono ao grande entrando e saíndo e deixándose ocultar pola escuma. Ademais de actividades puntuais como esta Festa da Auga, durante este verán a piscina municipal recibe cada día deceas de persoas procedentes de Mesía e doutros concellos de toda a volta. Gran parte achégase a darse un baño e a tomar o sol, e mesmo hai familias e grupos que pasan o día nas instalacións facendo uso do merendeiro contiguo. Ademais, moitas outras persoas acoden para participar nos distintos cursos deportivos organizados durante o verán: natación, ximnasia acuática, tenis...