Mesía conta cun novo tractor e dúas desbrozadoras para o reforzo da limpeza das infraestruturas municipais

Lun, 04/12/2017

Mesía atópase entre os 35 concellos beneficiarios da axuda de Medio Rural para a adquisición dun tractor e dúas desbrozadoras, unha de brazo e outra de arrastre que axudarán para o mantemento libre de maleza das infraestruturas rurais, das redes secundarias de faixas de xestión de biomasa e determinadas parcelas de titularidade municipal.

A adquisición deste tractor por parte do Concello de Mesía axilizará as campañas de desbroce que se viñan desenvolvendo dende fai anos con medios propios para poder loitar contra o lume.

Así resultaron os concellos perceptores da provincia da Coruña:

A Coruña (12): Abegondo, Arzúa, A Baña, Boimorto, Melide, Mesía, Outes, Oza-Cesuras, Porto do Son, Santa Comba, Touro e Trazo.

 

Galería de imaxes: 
Tractor John Deere
Desbrozadora