NOVAS PRIMAVERA 2019

Mar, 19/02/2019
PRIMAVERA 2019 CONCELLO DE MESÍA

O Concello de Mesía presenta as novas actividades, eventos e saídas para a primavera 2019.

En marzo empezamos co Entorido na Festa o día 2. Despois desenrolaremos a nova Campaña "Tecendo igualdade": con actividades en colaboración co CPI Xanceda, ca actividade de Ioga do riso, ca presentación do documental "Tecido resistente" e co teatro para adultos "Eu queriame casare". Comezaremos tamén cas saídas ao Balneario de Brión.

En abril temos excursións variadas:   Piscina/Bolera e cine, Excursión por determinar o 14 de abril, e o día 27 a Saída de sendeirismo as Fragas do Eume. Tamén haberá reparto de libros gratuítos "para sermos libres" o día do libro, 23 de abril na Casa da cultura.

En maio temos as actividades das Letras Galegas e a festa dos maiores.

A festa de fin actividades será o VENRES 31 de maio para adultos e maiores e o SÁBADO 1 de xuño para @s máis peques.

Temos algún aviso, e ademais, as obras previstas a realizar no 2019.

Lembrade anotarvos nos tempos marcados para cada actividade, que as prazas voan!

CLICA aquí abaixo, no Boletín para ver información máis completa.

Galería de imaxes: 
BOLETÍN NOVAS PRIMAVERA CONCELLO DE MESIA 2019 -1
BOLETÍN NOVAS PRIMAVERA CONCELLO DE MESIA 2019 -2