NOVAS PRIMAVERA 2020

Mér, 19/02/2020

O Concello de Mesía presenta as novas actividades, eventos e saídas para a primavera 2020.

En marzo empezamos co Entroido na Festa o día sábado 22 de febreiro. Despois desenrolaremos a nova Campaña "Tecendo igualdade": con actividades en colaboración co CPI Xanceda, coa mesa redonda "E tí quén ves sendo? " dirixida as alumn@s da ESO e actividades en prol da Igualdade para os alumn@s de infantil e primaria".

O 2 de marzo, charla-taller Vespa Velutina.

Concentración na Rede o día 8 de marzo, Charla Taller de Reflexión-Relaxación e Meditación o 13 de marzo e Teatro para Adultos coa obra "Divas de Divan" para contarnos historias da erótica do noso pais.

En abril temos excursións variadas: O 6 de Abril ao Urban Planet e cine nas Cancelas. Excursión por determinar o 18 de abril.

Cursos de Cociña o 4,18 e 25 de abril.

En maio temos as actividades das Letras Galegas e a festa dos maiores o 23 de maio.

A festa de fin actividades será o VENRES 31 de maio para adultos e maiores e o SÁBADO 1 de xuño para @s máis peques.

Temos algún aviso, e ademais, as obras previstas a realizar no 2020.

Lembrade anotarvos nos tempos marcados para cada actividade, que as prazas voan!

CLICA aquí abaixo, no Boletín para ver información máis completa.