NOVO APARTADO NA PÁXINA WEB MUNICIPAL: EMPREGO E FORMACIÓN

Mér, 27/09/2017
EMPREGO E FORMACIÓN CONCELLO DE MESÍA

No día de hoxe entrou en funcionamento na nosa páxina web a sección denominada “EMPREGO E FORMACIÓN” dentro do apartado SERVIZOS.

Con esta páxina preténdese proporcionar ás persoas interesadas información que lles sexa útil para facilitarlles o seu desenvolvemento profesional e social e a súa inserción laboral no mercado laboral.

Na dita sección atoparedes noticias sobre ofertas de emprego da zona, sobre cursos de formación e outros programas formativos, publicación de axudas e tamén distintos tipos de recursos que vos sirvan de apoio á hora de buscar emprego así como outros datos.

A través do icono “EMPREGO E FORMACIÓN” que aparece na marxe dereita desta páxina, en “Destacados”, tedes un acceso directo ao servizo.