O 10 DE FEBREIRO: FESTA DE ENTROIDO 2018!

Mar, 23/01/2018
ENTROIDO CONCELLO DE MESIA 2018

O vindeiro sábado 10 de febreiro celebraremos o Entroido cunha gran festa chea de disfraces, inflables, talleres e moito máis.

Os/As rapaces/zas que participen no Desfile de disfraces recibirán un agasallo, pero non te esquezas de anotarte na Casa da Cultura antes do 5 de febreiro (981 687 241).

Disfruta dunha tarde chea de diversión e merenda connosco. Haberá chocolate e rosca para todos/as.

Agardámosvos ás 16:30 no Pavillón de Visantoña!!