O 16 DE SETEMBRO ABRE O PRAZO PARA ANOTARSE NAS ACTIVIDADES MUNICIPAIS 2019 - 2020 DO CONCELLO DE MESÍA

Lun, 09/09/2019
ACTIVIDADES CONCELLO DE MESIA 2019 2020

Presentámosvos as actividades deportivas e culturais para este curso 2019 - 2020. Adxuntamos o boletín de actividades e a folla de inscrición, e avisamos que o luns 16 de setembro abrimos o prazo de inscricións.

Comezamos as actividades e Escolas a semana do 30 de setembro 2019 e rematarán en maio/xuño 2020.

Contamos con actividades para nenos/as dende 0 anos, pasando por xuventude, adultos e maiores:

            As escolas municipais infantís serán: Escola de baile e música galega, xogos psicomotores e pequebaile, iniciación a patinaxe, multideporte e patinaxe medianos, patinaxe artístico, bádminton, aerobic primaria, e aerobic secundaria, ximnasia rítmica, e tamén preescolar, informática e inglés en varios grupos.

            As actividades da Rede Mesía Xove con cursos de Linguaxe de signos e de Preparatorio a Inglés B1.

            As actividades de adultos e maiores: ximnasia de mantemento, pilates, aerobicZumba, ximnasia terapéutica, cachibol, ximnasia de maiores, tempo fora maiores, informática básica e obradoiros Coas túas máns.

            Tamén haberá actividades puntuais, cursos de formación e saídas.

Poden consultar toda a infomación no PROGRAMA DE ACTIVIDADES.