O 18 DE SETEMBRO COMEZAN AS INSCRICIÓNS PARA AS ACTIVIDADES MUNICIPAIS CURSO 2025 - 2026
Lun, 08/09/2025
Presentamos a programación municipal do curso 2025- 26 que será do 1 de outubro 2025 ao 31 de maio 2026. O Concello aposta por achegar a veciñanza unha gran variedade de actividades para todas as idades, cun total de 23 actividades a elexir: 13 para crianzas e 10 para rapazada, adultos e maiores. Non te quedes sen a túa praza!
O prazo de inscrición será do 18 ao 25 de setembro, POR ORDE DE INSCRICIÓNcubrindo en liña o seguinte Formulario de inscrición: https://forms.gle/W9wMXh1GUJc6E1mn9 (abriremos acceso ao formulario o 18 de setembro sobre as 00:00 h.)
Se non se pode co formulario: as inscricións recibiránse na CASA DA CULTURA en persoa, cubrindo todos os datos da Folla de incrición que adxuntamos e adxuntando a copia do DNI. Abriremos especialmente o xoves 18 de setembro as 10:00h.
Lembramos que non se poderá pagar ata novembro, que estará confirmado o funcionamento correcto de cada actividade e formados os grupos. Poderase optar por facelo cun pago, con dous pagos ou domiciliando mensualmente. Para Domiciliar precisamos: Ficha cuberta que adxuntamos e adxuntar un Xustificante do nº de conta.
+ INFO: Casa da cultura 98168724 ou no concello 981687001 Ext.3.
Presentamos a programación municipal do curso 2025- 26 que será do 1 de outubro 2025 ao 31 de maio 2026. O Concello aposta por achegar a veciñanza unha gran variedade de actividades para todas as idades, cun total de 23 actividades a elexir: 13 para crianzas e 10 para rapazada, adultos e maiores. Non te quedes sen a túa praza!
O prazo de inscrición será do 18 ao 25 de setembro, POR ORDE DE INSCRICIÓN cubrindo en liña o seguinte Formulario de inscrición: https://forms.gle/W9wMXh1GUJc6E1mn9 (abriremos acceso ao formulario o 18 de setembro sobre as 00:00 h.)