O 18 DE SETEMBRO COMEZAN AS INSCRICIÓNS PARA AS ACTIVIDADES MUNICIPAIS CURSO 2026-27

Lun, 07/09/2026
CONCELLO DE MESIA 26 - 27

Presentamos a programación municipal do curso 2026 - 27 que será do 1 de outubro 2026 ao 31 de maio 2027. O Concello aposta por achegar a veciñanza unha gran variedade de actividades para todas as idades, cun total de 20 actividades a elexir: 12 para crianzas e 8 para rapazada, adultos e maiores. Non te quedes sen a túa praza!

Tamén temos formación, eventos, saídas, e outros avisos. Consulta nas imaxes adxuntas.

O prazo de inscrición será do 18 ao 25 de setembro, POR ORDE DE INSCRICIÓN cubrindo en liña o seguinte Formulario de inscrición:  https://forms.gle/jqNVfdcr6kVCn2YBA (abriremos acceso ao formulario o 18 de setembro sobre as 9 h.)

Se non se pode co formulario: as inscricións recibiránse na CASA DA CULTURA en persoa, adxuntando a copia do DNI. Abriremos especialmente o venres 18 de setembro as 9:00h.

Lembramos que non se poderá pagar ata novembro, que estará confirmado o funcionamento correcto de cada actividade e formados os grupos. Poderase optar por facelo cun pago, con dous pagos ou domiciliando mensualmente. Para Domiciliar precisamos: Ficha cuberta que adxuntamos e adxuntar un Xustificante do nº de conta.

   +  INFO: Casa da cultura 98168724 ou no teléfono 699 453 750.

Galería de imaxes: 
AVISOS PROGRAMA CONCELLO DE MESIA 26 - 27
HORARIOS ACTIVIDADES CONCELLO DE MESIA 26 - 27