O 19 DE XUÑO FAREMOS A PRÓXIMA RUTA DE SENDEIRISMO: POLO ENTORNO DA PRAIA DE RAZO

Mar, 07/06/2022
RUTA  DE SENDEIRISMO LAXE - PINOS DO MAR 2022 Concello de Mesía

 O domingo 19 de xuño faremos a terceira Ruta de sendeirismo do ano:  "Pinos do mar - Razo".

 CARACTERÍSTICAS:

     - Ruta sinxela sobre 13 kms.

     - Saída bus: Praza de Xanceda 8:30 h.

     -  Regreso bus:  Tras comida  en zona da ruta, sobre as 18 h. (Parte do coste do bus é subvencionado polo concello.)

      - Prezo: 20 €  (a pagar no bus, comida incluida).

INSCRICIÓNS: 

     -  Ata o día 15 de xuño

     - Chamando a Casa da Cultura  (981687241)  ou enviando un mail a actividades@concellodemesia.gal.

     - Mínimo de 20 inscritos.  

RECOMENDACIÓNS: roupa e calzados cómodos e, atendendo a climatoloxía, vir preparados  con gorra e protección solar ou, pola contra, paraugas e roupa de reposto.