O 3 XUÑO CELÉBRASE A FESTA DE CLAUSURA DAS ACTIVIDADES E ESCOLAS MUNICIPAIS 2015 - 16

Mar, 31/05/2016
CARTEL FIN CURSO 15 16

O venres 3 de xuño 2016 celébrase no Pavillón do CPI de Xanceda a Festa de fin de curso das actividades e escolas municipais do presente curso.

As exhibicións das escolas, entrega de diplomas, agasallos e merenda; darán comezo ás 16:30.

As 21.30 será o turno para que os adultos e maiores fagan tamén exhibicións das súas actividades. Pecharemos o día cunha proxección de fotos, agasallos para participantes das actividades municipais e pinchos.

As escolas municipais infantís foron: xogos psicomotores, iudo, pequebaile, iniciación a patinaxe, patinaxe artístico, aerobic primaria 1, 2  e aerobic secundaria, e tamén inglés en varios grupos.

As actividades de adultos e maiores: ximnasia de mantemento, pilates, aerobicZumba, cachibol, ximnasia de maiores, tempo fora e patchwork.