O 30 DE DECEMBRO SERÁ O II TORNEO INFANTIL DE FÚTBOL SALA "MESÍA SOLIDARIA"

Mér, 21/12/2016
Cartel infantil Mesia solidaria 2016

O venres 30 de decembro, en horario por concretar, xogarase no Pavillón de Olas a seguda edición do Torneo Infantil de fútbol sala "Mesía solidaria".

Este Torneo solidario de fútbol sala organizao novamente o Concello de Mesía para recadar ALIMENTOS PARA FAMILIAS NECESITADAS (para Cáritas da Comarca) e cartos a favor da ASOCIACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE, AMARAI, de Boimorto.

PREZO DA INSCRICIÓN e da ENTRADA:  1 Kg de comida por participante e persoa do público (lembrade que deben ser produtos non perecedoiros) ou 1 € para doar a AMARAI.

Haberá dúas categorías: Benxamín de 6 a 10 anos e Infantil de 11 a 14 anos.

Inscricións cubrindo a Folla adxunta, ata o 22 de decembro en mail: elenarocamoro@concellodemesia.gal

Máis info e fotos na web e facebook Deporte Concello Mesía.