O 4 DE MARZO EN OLAS CELÉBRASE A GALA DA PATINAXE DE ENTROIDO DO CONCELLO DE MESÍA

Mér, 01/03/2017
HORARIO PATIN MESIA 2017

O sábado 4 de marzo pecharemos as festas do Entroido cunha GALA DE PATINAXE INTERMUNICIPAL organizada polo Concello de Mesía, na que participan as Escolas deportivas municipais de patinaxe dos Concellos de Boimorto, Curtis, Mesía e Oroso.

A participación estimase en máis de 160 patinador@s que realizarán un total de 11 bailes cos patíns, cada un disfrazado ca súa temática elexida polos técnicos das actividades municipais.

O comezo dos bailes será as 17:00 horas e a finalización sobre as 18:30 horas. @s participantes recibirán un detalle e merenda ao rematar as exhibicións da Gala.