Como sempre, a programación ofrece unha ampla variedade de propostas culturais e deportivas para a infancia, a xuventude, a poboación adulta e a terceira idade. Dálle continuidade ás actividades xa asentadas na programación pola súa execelente acollida entre a veciñanza e presenta novidades para atraer novos participantes, atendendo sempre ás suxerencias presentadas pola cidadanía ao longo do curso.
Infantil
En canto á infancia, a programación deportiva inclúe xogos psicomotores, iniciación ao judo, judo, pequebaile, iniciación á patinaxe, patinaxe artística, multideporte (baloncesto, badminton, voleibol, rugby cinta, balonmán, hockei, atletismo...) e dous niveis de aeróbic. Na parte cultural, as propostas son mecanografía en ordenador, informática de iniciación, o curso de inglés, música, e as clases de preescolar para menores de tres anos.
Adultos
A poboación adulta pode escoller entre aeróbic-zumba, pilates, ximnasia de mantemento e ximnasia terapéutica na programación de actividades físicas. A programación cultural ofrécelles manualidades, o programa de cociña 'Con moito gusto', un curso de corte e confección, un curso de patchwork, o retorno do 'eco-baúl' cun obradoiro de produtos de limpeza, e clases de informática básica.
Xuventude
De xeito específico para a xuventude, programouse un curso de inglés básico e preparación B1, un curso de monitoraxe de fútbol base e un curso de monitoraxe de actividades de tempo libre.
Terceira idade
Para a terceira idade, a oferta municipal recolle as xornadas semanais de cachibol, ximnasia de mantemento, e as múltiples actividades da novena edición do programa 'Tempo fóra para maiores' en dez parroquias.
Outras informacións
Ademais, o boletín coa programación que xa está chegando a todos os domicilios do concello repasa outras actividades previstas para vindeiras datas, como a excursión á comarca do Bierzo do 18 de outubro, un novo curso CAP para transportistas, outro para o manexo de carretillas, a preparación para obter o título da ESO, e un curso de manipulación de alimentos.
A publicación municipal anticipa tamén a actividade lúdica cos Bolechas para nenos e nenas de 3 a 9 anos o domingo 28 de setembro, a próxima convocatoria das axudas para o transporte escolar e novas normas de préstamo da sección de novidades da Biblioteca Municipal.
Na parte final figuran tamén as normas de inscrición e pago e as posibilidades de exencións, descontos e bonificacións.
O Concello de Mesía abre desde hoxe, xoves 18 de setembro, ata o martes 30 de setembro, o prazo de inscrición para as súas actividades municipais do curso 2014-2015. O programa completo pode consultarse premendo programa completo pode consultarse premendo aquí e a folla de inscrición pode obterse aquí. Non se admiten anotacións por vía telefónica. As clases comezarán a partir do 6 de outubro.