O CONCELLO DE MESÍA CELEBRA A SÚA FESTA DE ENTROIDO 2015

Sáb, 14/02/2015

O Concello de Mesía celebrou esta tarde a súa Festa de Entroido 2015, á que acudiron numerosas persoas de todas as idades, unha gran proporción disfrazados. O desfile de disfraces foi unha das actividades máis seguidas, aínda que os máis pequenos encheron tamén as diversas atraccións preparadas para a festa, como o futbolín humano, os xogos inchables, o touro mecánico ou o circuíto de bicis. Os obradoiros contaron tamén cunha elevada participación, de maneira que numerosos nenos e nenas saíron da festa coas chapas e marionetas elaboradas por eles mesmos. E tamén marcharon cun agasallo todos os que se presentaron disfrazados na festa. Como sempre, houbo unha gran variedade de referencias nos disfraces. A festa, no pavillón polideportivo municipal en Xanceda, ofreceu tamén unha merenda con larpeira, chocolate e refrescos.

 

Galería de imaxes: 
Entroido 1
Entroido 2
Entroido 3
Entroido 4
Entroido 5
Entroido 6
Entroido 7
Entroido 8
Entroido 9
Entroido 10
Entroido 11
Entroido 12
Entroido 13
Entroido 14
Entroido 15
Entroido 16
Entroido 17
Entroido 18
Entroido 19
Entroido 20
Entroido 21
Entroido 22
Entroido 23
Entroido 24
Entroido 25