O CONCELLO DE MESÍA DIVULGA AS CONVOCATORIAS DE AXUDAS PARA RENOVAR CUBERTAS E REHABILITAR FACHADAS

Ven, 13/03/2015

O Concello de Mesía informa de que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe as convocatorias de axudas da Xunta para renovar cubertas de vivendas con tella cerámica e para rehabilitar fachadas de vivendas con granito. Nos dous casos convócanse en réxime de concorrencia non competitiva. Poden consultarse integramente nos seguintes enlaces:

- Bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de cubertas con tella cerámica, no exercicio 2015.

- Bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes, no exercicio 2015.