O CONCELLO DE MESÍA PRESENTA A SÚA NOVA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES MUNICIPAIS PARA A PRIMAVERA
Lun, 16/03/2015
O Concello de Mesía presenta a súa programación de actividades municipais para a primavera, nun boletín que chega estes días a todos os domicilios, con propostas para todas as idades en moi diversos eidos.
Para os días de Semana Santa, prográmase unha xornada de cachibol o 30 de marzo, unha saída cultural e de ocio á Coruña o 31 de marzo, e actividades en inglés para nenos e nenas o 1 de abril.
Máis adiante, o 18 de abril, está prevista unha nova xornada do programa 'Eco-Baúl', dedicada aos remedios naturais fronte a determinadas doenzas.
O boletín anticipa a convocatoria da cuarta edición do Certame de Banda Deseñada, co gallo do Día das Letras Galegas, e as diferentes actuacións do programa 'Ler conta moito' nos centros de ensino do municipio.
No eido xuvenil, infórmase do programa de voluntariado, do programa de garantía xuvenil, e da próxima convocatoria dos campamentos provinciais de verán.
O boletín informa tamén da convocatoria dunha excursión a Cedeira, Santo Andrés de Teixido e Sada o 25 de abril e dunha saída de sendeirismo polo Camiño Inglés o 9 de maio con inicio e remate en Bruma.
Outras informacións que recolle o boletín é a visita da unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores o 1 de abril, un curso CAP para transportistas que terá lugar en xuño e recolle inscricións ata o 4 de maio, e a festa de clausura do curso 2014-2015 das actividades municipais o venres 5 de xuño.