O CONCELLO DE MESÍA PRESENTA A SÚA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES PARA O ENTROIDO E A RECTA FINAL DO INVERNO
Mér, 21/01/2015
O Concello de Mesía presenta a súa programación de actividades para o entroido e a recta final do inverno. O boletín informativo coas novas propostas municipais está chegando estes días a todos os domicilios do concello.
Entroido
En canto ao entroido, as actividades comezarán o venres 13 de febreiro, cunha sesión especial de cachibol de 16:30 a 18 horas no pavillón municipal en Olas. Ao día seguinte, na tarde do sábado 14, celebrarase a Festa de Entroido do Concello, con agasallos para todas as persoas que acudan disfrazadas. É preciso inscribirse, antes do 12 de febreiro.
Balneario
Outra das actividades presentes neste boletín é a nova tanda de saídas ao Balneario de Guitiriz, dentro do programa 'Deporte é saúde'. Serán os días 6, 13 e 27 de marzo, e o 10 de abril. As catro saídas teñen un prezo de 45 euros e cada día solto sae en 12 euros. Como sempre, a actividade contará con transporte en autobús. O prazo para anotarse remata o 23 de febreiro.
Cociña, plantas medicinais e teatro
De xeito específico para as mulleres, programáronse tres novas actividades. A primeira é un curso de cociña 'Man a man', ao que poden ir acompañadas dunha parella masculina (marido, noivo, irmán, fillo, pai...), sen incremento de prezo. A intención desta actividade é favorecer a participación masculina. O curso aprenderá diferentes técnicas e receitas de maneira divertida. Haberá catro sesións, dúas en venres e dúas en sábado, e as inscricións poden efectuarse tanto para as catro como só para os venres ou só para os sábados. O prezo é de 10 euros por cada dúas sesións. A prazo para anotarse remata o 17 de febreiro.
A segunda actividade específica da área de Muller é un obradoiro chamado 'O botiquín natural', que explicará as propiedades e beneficios de diferentes plantas medicinais. Terá lugar o sábado 7 de marzo pola mañá e custa 5 euros. As inscricións recóllense ata o 28 de febreiro.
E a terceira proposta é unha saída ao teatro, para ver a obra 'El nombre' o 17 de abril no Teatro Colón da Coruña. Pode asistir calquera persoa interesada e ofrécese servizo de transporte en autobús. O prezo é de 17 euros, que inclúe desprazamento e entrada. O prazo para inscribirse remata o 27 de febreiro.
ITV e exame da ESO
Como avisos de interese, o boletín informativo recolle a visita das Inspeccións Técnicas de vehículos agrícolas, os días 5 e 6 de febreiro na Praza do Concello, e de ciclomotores, quads e motos, o 9 de febreiro no antigo colexio de Lanzá. A cita previa pídese no 902 30 90 00. Tamén se dá conta de que o prazo para matricularse para os exames de obtención do título da ESO será do 16 ao 27 de marzo. O exame será o 29 de maio.
Obras para 2015
O documento relaciona tamén todas as obras previstas neste momento por parte do Concello para 20105. Suman uns 517.000 euros de investimento, con recursos municipais e subvencións da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia.