O CONCELLO DE MESÍA DIVULGA O REAL DECRETO DE AXUDAS AO SECTOR LEITEIRO, PUBLICADO HOXE NO BOE

Mar, 29/09/2015
Vacas

O Concello de Mesía divulga o Real Decreto do Ministerio de Agricultura, publicado no Boletín Oficial do Estado de hoxe, polo que se establecen as normas reguladoras para a concesión directa de axudas 'de minimis' para compensar as dificultades económicas no sector leiteiro. O texto establece os 'umbrais de rendibilidade' sobre os que se determinarán as contías, que como moito serán de 300 euros por vaca e de 10.000 euros por explotación. Nos vindeiros días, o Ministerio publicará unha relación provisional de explotacións beneficiarias e abrirá un prazo de dez días para presentar alegacións, rexistrar os datos bancarios, presentar unha declaración responsable sobre outras posibles axudas e autorizar á administración a recabar diversa documentación. Acceda ao texto do Real Decreto facendo clic aquí.