O CONCELLO DE MESIA LEMBRA AS MEDIDAS PREVENTIVAS DO COVID-19 PARA EVITAR A SÚA PROPAGACIÓN

Mar, 20/10/2020
ALERTA COVID 19 - OUTUBRO 2020

ANTE A SITUACIÓN DE REBROTE DE CASOS POLO COVID-19 NESTE CONCELLO, LEMBRAMOS AS MEDIDAS PREVENTIVAS PARA EVITAR A SÚA PROPAGACIÓN:

Toda a cidadanía deberá adoptar as medidas necesarias para evitar a xeración de riscos de propagación da enfermidade COVID-19, así como a propia exposición aos ditos riscos. Este deber de cautela e protección será igualmente esixible a titulares de calquera actividade.

 Así mesmo, deberán respectarse as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención da COVID19.

Recordamos que é importante aplicar en todo momento as medidas máis destacables:

1. Máscara obrigatoria.

2. Distancia social.

3. Hixiene de mans.

4. Espazos ventilados.

Recorde para evitar brotes, ante calquera síntoma compatible con COVID-19 non saia da casa e contacte cos servizos sanitarios.

Teléfono de información do coronavirus 900 400 116 e ante calquera síntoma chamar o 061.

Teléfono do concello de Mesía 981 687 001.