O CONCELLO DE MESÍA PARTICIPOU CUN STAND NA "PRIMAVERA NO CAMIÑO INGLÉS"

Dom, 23/04/2017
STAND FEIRA MESIA 2017

O Concello de Mesía participou este sábado na feira "Primavera no Camiño Inglés", organizada pola Deputación  de A Coruña en Betanzos. Os 18 concellos polos que pasa esta ruta xacobea déronse cita nesta feira co fin de promocionar un  tipo de turismo sostible que contribúa a dinamizar a economía dos diferentes concellos.

Ao longo da xornada as persoas visitantes puideron desfrutar dos diferentes stands presentados polos concellos e de actividades de diversa índole como degustacións, música e demostracións de artesanía.

O Concello de Mesía contou coa colaboración das empresas da zona para ofrecer degustacións e información dos produtos elaborados na contorna, así como do seu patrimonio histórico, cultural e natural.

O noso especial agradecemento a Cerámica Campo, Cerámica Verea, Horta agroecolóxica O Devalo, Casa Grande de Xanceda, Panadería A Telleira, Panadería Pérez, Casa Zapateiro e a Carpintería Ramón García pola súa colaboración.

Aquí tedes o ALBÚM DA FEIRA.