O CONCELLO DE MESÍA PRESENTA "MESIA XORNAL DEPORTIVO"

Lun, 15/02/2021
O CONCELLO DE MESÍA PRESENTA "MESIA XORNAL DEPORTIVO"

O Concello de Mesía presenta unha nova forma de comunicación do deporte no concello para tod@s.

XD MESIA será un xornal deportivo da nosa zona onde publicaremos periodicamente información deportiva no concello. Pasada, presente e futura.

As SECCIÓNS que compoñen o XD MESÍA son:

  • COÑECENDO A VECIÑANZA DEPORTISTA: Entrevistas individuais e grupais.
  • EQUIPOS FEDERADOS: Logros, novas e resultados.
  • MÓVETE MESÍA: actividade física e saúde.
  • DEPORTE: información novas deporte municipal, eventos, promocións, saídas, etc.
  • ARTIGOS DE OPINIÓN: de veciñanza, de revistas especializadas ou profesionais do deporte.

Buscamos a interacción ca veciñanza para que nos axudedes con información dalgunha das seccións: sobre todo con artigos de opinión e ca información dos clubs ou asociacións. Agradecemos que esteades en contacto con nós para estas temáticas  enviando por mail a actividades@concellodemesia.gal