O CURSO DE INFORMÁTICA BÁSICA DO CONCELLO DE MESÍA CONTINÚA NO MES DO MARZO POR PETICIÓN DO ALUMNADO

Ven, 27/02/2015
Curso de Informática

O curso de informática básica do Concello de Mesía continuará durante o mes de marzo por petición do alumnado. Despois das sesións impartidas en febreiro, solicitaron proseguir, á vista dos progresos acadados nestas semanas e a posibilidade de profundizar neles nas vindeiras. As clases, que están orientadas a facerse coas habilidades máis esenciais na utilización dos equipos informáticos, teñen lugar na Aula de Informática municipal, situada na Casa da Cultura en Xanceda, en horario de 20:30 a 22 horas.