O MAL TEMPO OBRIGA A SUBSTITUÍR A SAÍDA AO LAGO DAS PONTES POR UNHA PROXECCIÓN CINEMATOGRÁFICA NA CORUÑA

Ven, 08/08/2014

Para hoxe estaba prevista unha saída do Concello de Mesía para coñecer o lago artificial das Pontes. Pero as malas condicións meteorolóxicas, pouco propias do mes de agosto, obrigaron a cancelar a viaxe. Sen embargo, 35 persoas que tiñan previsto participar na actividade tiveron unha alternativa grazas a que o Concello decidiu variar o destino e apostar por unha proposta de ocio a cuberto, coa asistencia a unha proxección cinematográfica. Nenos e adultos puideron así ver a película 'Como adestrar o teu dragon II' nas salas do Centro Comercial Espacio Coruña, onde tamén se entretiveron con outras atraccións. A saída serviu ademais para poñerlle punto final aos campamentos de verán do Concello de Mesía en 2014. Non obstante continúan as distintas actividades na piscina municipal e no seu complexo deportivo anexo, e prepáranse outras citas puntuais como a Festa da Auga do 23 de agosto ou a Carreira do 13 de setembro.