O PROGRAMA 'NADAL EN REDE 2015' TRAE A MESÍA A ACTUACIÓN 'CANTOS CONTOS NO NADAL', Á QUE ASISTIRON UNS TRINTA NENOS

Mér, 23/12/2015

http://www.concellodemesia.es/sites/default/files/custom/servizos/noticias/comun/imaxes/23122015_cantoscontosnadal1.jpgO programa 'Nadal en Rede 2015', da Rede de Dinamización Lingüística, trouxo hoxe a Mesía a sesión de contancontos do artista Pablo Díaz 'Cantos contos no Nadal'. A esta actuación asistiron uns trinta nenos e nenas de entre dous e cinco anos, acompañados de familiares.

Este contacontos ten un espírito participativo e abrangue toda a familia. A música é o seu fío condutor. Díaz, un referente imprescindible na actualidade para a música infantil galega, fixo que o público colaborase para cantar e para contar historias. Tanto os nenos como os adultos pasaron un bo anaco e ademais levaron aprendidas varias cancións para cantar na casa, durante estas festas de Nadal e na espera de que cheguen os Reis Magos.

O acceso a 'Cantos contos no Nadal' foi libre e de balde. A actividade ofertouse no auditorio da Casa da Cultura en Xanceda. Mesía foi un dos dez Concello de toda Galicia polos que pasou esta actuación.

Galería de imaxes: 
Cantos contos no Nadal
Cantos contos no Nadal
Cantos contos no Nadal