O SÁBADO 25 DE FEBREIRO TEMOS UNHA CITA NA FESTA DO ENTROIDO

Lun, 20/02/2017
FESTA DE ENTROIDO MESIA 2017

Xa estamos no tempo de sacar do armario as perrucas, antifaces, caretas, trapos, telas,… todo aquilo que che permita rir e divertirte nestes días de festa. E como non, tamén para acudir á Festa de Entroido que está preparando o Concello de Mesía.

Non te olvides, temos unha cita no Polideportivo de Visantoña na Festa de Entroido CONCELLO DE MESÍA 2017, onde haberá todo tipo de entretementos: inflables, talleres, merenda e moito máis. E recorda, se ves disfrado/a e participas no desfile, recibirás un agasallo!